Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un camión queda atrapado tras engancharse nunha tapa do sumidoiro

camión

Foto: Protección Civil Redondela

O vehículo estivo inmobilizado na madrugada do domingo durante máis de dúas horas o que obrigou a desviar o tráfico rodado no treito entre a praza de Ribadavia e a rúa San Xoán de Arcal. O camión cun semirremolque quedou enganchado co seu tubo de escape a unha tapa do sumidoiro que se atopaba desprazada como consecuencia das precipitacións dos últimos días.

Foi precisa a intervención dos axentes da Policía Local, que se encargaron de desviar e regular o tráfico nsd inmediacións da praza da Farola dende as 03.00 ata as 05.00 horas, cando foi posible liberar o camión e puido ser retirado da vía. Nas labores de desenganche interviron operarios de Protección Cvil de Redondela e de Emerxencias Mos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará