Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres puntos para o Pazos FS e reparto de puntos nos pavillóns da Marisma e Chapela

pazos fs

Pazos FS 7-2 Outeiro de Rei

Bo resultado o acadado esta fin de semana polo equipo de Matilla que recibía a un difícil Santa Isabel Outeiro de Rei. Logo dun arranque dubitativo dos locais, os lucenses creaban moito perigo con roubos e potentes tiros exteriores. O Pazos foi mellorando co decorrer do partido chegando ao descanso cun igualado 3-2. A segunda parte foi xa unha festa para os locais que golpearon unha e outra vez a meta visitante para rematar o encontro cun avultado 7-2.

Un partido que se celebrou nun pavillón ateigado de xente nunha xornada que supuxo o remate das celebracións do trinta aniversario do club coa presentación dos 9 equipos que conforman a Sociedade e que supoñen preto de 130 licencias.

Cita difícil na vindeira fin de semana. O Pazos xoga fóra da casa e fano cun dos equipos da parte alta da táboa, os lucenses do Ribeira, terceiros clasificados.

Redondela Rodavigo 3-3 Poio 3

Campito Chapela 4-4 Beade

Na preferente, reparto de puntos nos dous partidos disputados por equipos locais. Así o Redondela Rodavigo empataba no partido disputado no pavillón da marisma mentres o Campito lograba tamén o empate ante o Beade Copefri en Chapela.

Equipos que na vindeira fin de semana xogan polo tanto fóra da casa. O Redondela, asentado nunha cómoda terceira praza xogará no campo do decimoterceiro, o Vincios Gondomar. O Chapela continúa de pechacancelas do grupo e xoga no campo doutro equipo moi necesitados de puntos, o Vianariño, na decimosegunda posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará