Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rande revive a súa batalla máis famosa

batalla rande

A Asociación Deportiva e Cultural de Rande loita estes días contra os elementos. Durante toda a semana están a acondicionar a contorna do Meirande coa colocación de carpas para asegurar que o intenso programa previsto para esta fin de semana se poida desenvolver con normalidade. Representacións teatrais, música, obradoiros tradicionais e espectáculos de pirotecnia forman parte do programa elaborado en colaboración co Concello de Redondela.

Décima edición da conmemoración da Batalla naval que se vivía o 23 de outubro de 1702 cando na ría de Vigo tiña lugar o histórico enfrontamento entre as escuadras anglo-holandesas e hispano-francesas. Os actos principais xirarán un ano máis en torno a esa representación teatral que se desenvolverá na tarde do sábado 21 e que contará coa participación de ducias de actores que, baixo a dirección de María Torres, revivirán o acontecido hai 321 anos en augas da ría co desembarco, a descarga do tesouro e o asalto á fortaleza. “O sono Vermellón. Rande 1702” é o título da obra na que actores e actrices levan traballando dende o mes de marzo e que supón un xeito ameno de narrar os feitos históricos, achegándolle incluso algún toque de humor ao que foi unha “encarnizada batalla na ría”.

Pedro Otero, ADC Randea

A obra poderase ver tanto ás 17:30 horas do sábado como as 13:45 horas do domingo. Dous pases que chegarán precedidos da proposta infantil “A casa das virtudes” onde nos contan “a historia dunha tranquila familia de Rande cuxa vida se ve rota coa invasión dos ingleses”

Outras das actividades máis salientable é a representación naval da batalla con pirotecnia “costounos moito conseguir os permisos pero pensamos que é un xeito diferentes de representar a batalla no mar”

Non faltará tampouco a música que correrá a cargo do grupo “O sonoro maxín” a partir das 21:00 horas. As actividades continuarán o domingo 22 con obradoiros e teatro no mesmo espazo.

Reedítanse tamén as visitas guiadas pola Enseada de San Simón e visita a Illa con saída dende o museo a un prezo de 5 euros.

As entradas deberán retirarse na Oficina de Turismo ou no propio Museo Meirande, lugar dende o que partirán os barcos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará