Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación en Pazos polo atraso no arranxo da estrada a Nespereira que deixa novos accidentes

pazos

Un novo sinistro nesta vía, estreita, sen beirarrúas e empregada a diario por vehículos de gran tonelaxe, levan ao alcalde de Pazos, Luciano Otero, a reclamar  á Deputación que se acometan as obras de acondicionamento da vía. Amosa tamén a súa inquedanza pola “prolongada demora do organismo provincial á hora de iniciar os traballos de mellora longamente demandados nesta estrada”.

O mal tempo da semana pasada e o estado da estrada provocaban un novo sinistro cando un trailer se saía da vía. Un accidente máis nun vial cuxo arranxo non acaba de realizarse. Lembra o alcalde que incluso durante o mandato anterior do Partido Popular, comprometérase un inicio inminente dos traballos nesta estrada. Con todo, até a data, non se observou ningún avance significativo neste sentido.

Luciano Otero solicitou hai varios meses unha entrevista persoal coa Deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, María Isabel Couselo Torres para abordar este asunto sen que ata o de agora tivera resposta. O propósito desta reunión é obter información precisa sobre o inicio dos traballos de acondicionamento e asegurarse de que nos orzamentos do ano 2024 se contemplen os fondos necesarios para esta infraestrutura vital. O Alcalde confía ser recibido pola Deputada o antes posible, coa finalidade de abordar esta cuestión urxente.

Mentres tanto, fai un chamamento á prudencia para todos os usuarios desta estrada, incluíndo condutores, peóns e deportistas, debido á perigosidade que presenta actualmente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará