Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno de vitorias no balonmán local

ChapelaPontedeume

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 27-24 Palencia Turismo

Gran vitoria da SAR Rodavigo ante o Palencia Turismo. As de Vero Posada tiveron que remontar nun encontro no que comezaron a remolque das palentinas. O Palencia saíu moi forte e antes do cuarto de hora tiña unha vantaxe de 4 goles (6-10, min. 14). A SAR non baixou os brazos, mellorou o traballo en defensa e freou os lanzamentos exteriores do Palencia. Os cambios permitíronlle dar a volta ao marcador e ir gañando dun gol ao descanso (16-15). Na segunda parte as locais dominaron o marcador e, malia que nos últimos minutos o equipo visitante reduciu as distancias, o triunfo da SAR Rodavigo non perigou.

Na próxima semana teñen un longo desprazamento para medirse a un dos equipos fortes da liga, o Xixón.

Primeira Autonómica

Chapela 31-30 Dispesan Pontedeume

Á terceira chegou a tan ansiada vitoria do Chapela, que se impuxo na casa ao Pontedeume nun partido moi igualado, tal como reflicte o marcador. Os de Mingos repuxéronse da mala sorte das dúas primeiras xornadas e puideron sumar os seus primeiros puntos. Na próxima xornada visitan a pista do Mecalia Altético Guardés.

SAR 36-26 Balonmán Loriga

O conxunto redondelán brindoulle unha vitoria ao seu público na Bomboneira nunha excelente fin de semana para o balonmmán local. Na próxima xornada visitan a pista do Pontedeume.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará