Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco salva un punto no campo do Velle

Velle-Choco

Preferente

Velle 1-1 Choco

Reparto de puntos no Monte da Aira. Os locais puxéronse por diante no marcador no primeiro cuarto de hora de partido. Pero o Choco, tras o paso por vestiario, sufrir sufrir aos anfitrións e foron quen de empatar cun gol de Capelo, que deixou o 1-1 xa como resultado definitivo. O resultado mantén ao CD Choco na metade alta da táboa. Na próxima xornada reciven en Santa Mariña ao Porriño Industrial, que suma un punto máis que o Redondela, e ao que poderían adiantar na clasificación de deixar a vitoria na casa.

División de Honra Xuvenil

Choco 1-1 Veriña

Os xuvenis do Choco tiveron que conformarse co empate en Santa Mariña ante un equipo moi físico, como demostrou ser o asturiano Veriña. O reparto de puntos co conxunto de Xixón deixa ao Choco no 6º posto da táboa. A próxima xornada visita o campo do Compostela, un fermoso derbi galego ante o 3º clasificado.

Primeira Autonómica

Arcade 1-1 C.Lameiro

Reparto de puntos nunha xornada con moitos empates. Na próxima xornada Val Miñor-Arcade

Segunda Autonómica

Marín 3-1 Cesantes

Soutomaior 1-2 Domaio

Na próxima xornada o Cesantes, pechacancelas do grupo, recibe ao líder, o Monteporreiro. O Soutomaior xoga no campo do Bueu.

Terceira Galicia

Atl. Vilar 2-3 San Roque

Nespereira 4-3 Lavadores

Gondomar 4-2 Chapela

Na próxima xornada Rápido de Bouzas-Atl Vilar; Teis-Nespereira e Chapela-Arbo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará