Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Santa Compaña sairá á rúa en Soutomaior para celebrar o Samaín

noite de ánimas

Foto: Hípica Celta

O espectáculo Noite de Ánimas,  de Hípica Celta, e a música da “Duendeneta” serán algúns dos pratos fortes do Samaín de Soutomaior que os días 28, 29  e 31 de outubro celebrará esta festa. Unhas celebracións onde tamén estarán moi presentes a gastronomía cun concurso de sobremesas e doces para as asociacións do concello. Os máis novos poderán participar nun escape room no Multiúsos de Arcade.

O día grande da celebración será o sábado 28, cunha festa que arrancará ás 17:45 na Praza de Cima de Vila onde haberá un obradoiro de candeas e outro de maquillaxe de Samaín. Xa ás 19:00 dará comezo nesa mesma praza a Noite de Ánimas, coa animación a cargo de Hípica Celta que consistirá nun pasarrúas que se iniciará no cruce de Praza de Cima de Vila percorrerá a avenida Xosé Solla para rematar en Talo Río. A Santa Compaña e o seu séquito guiaran aos participantes aos que se convida ir ataviados para a ocasión e que porten cirios, velas,cabazas talladas alumeadas.

Coa chegada deste pasarrúas a Talo Río continuará a festa neste punto a partir das 20:30 co tren asador de castañas con degustación de balde. Ademais este ano e como novidade, tamén haberá un concurso de doces e sobremesas de tempada onde as asociación do municipio prepararán doces variados que se poderán degustar a prezos populares, os cartos recadados serán destinados a cada asociación.

En Talo Río tamén haberá sitio para ambientación interactiva Entreosmundos, un espazo onde se fala das tradicións de cada unha das épocas do ano. Para esta actividade dende o concello animan á que os e as asistentes leven a súa cabaza da casa.

O fin de festa correrá a cargo da “Duendenete” que poñerá a bailar a todos os asistentes.

Escape Room “Libera a pantasma!”

Xa na xornada do domingo aterrará no Multiúsos de Arcade o Escape Room Especial Samaín. Libera á pantasma!Polo Samaín as pantasmas quedan atrapadas no Multiusos as pequenas e pequenos deberán ser quen de liberalas resolvendo unha serie de crebacabezas, empregando contrasinais, combinacións e estratexias para completar este gran reto.

Haberá 2 salas para este espace room unha para nenas e nenos de 3 a 7 anos e outra para nenas e nenos a partir de 8 anos. Con todo serán un total de 5 pases en cada sala (17:00, 17:30, 18:00, 18:30 e 19:00) e as e os interesados deberán de inscribirse en liña ata o xoves 26 de outubro na páxina web do concello.

Xa na xornada do martes 31, o programa Outono Aventura tamén se suma á celebración do Samaín cunha xincana moi especial. Unha cita destinada a mozas e mozos de 14 a 17 anos onde percorrerán as rúas de Arcade gozando dunha actividade deportiva e lúdica con contido Sumían.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará