Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un lume arrasa por completo unha casa en Pazos de Borbén

pazos

Ningunha persoa resultou ferida pero si hai que lamentar a morte dun can que se atoparía no interior do inmoble no momento do incendio.

O lume produciuse preto das doce horas da mañá do domingo nunha vivenda localizada no lugar de Carballiño, no concello de Pazos de Borbén. Foi un veciño quen chamou ao 112 Galicia para solicitar medios de extinción ao decatarse do intenso fume que saía pola porta e polo tellado da casa e alertou do inminente risco de propagación das lapas cara unha edificación lindeira, que almacenaba un depósito de combustible.

para facer fronte a esta situación, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño e dos membros do GES de Mos. Igualmente, foron alertados os efectivos dos parques de Vigo, Pontevedra e Morrazo, por se fose necesaria a súa colaboración. Ao lugar acudiron os axentes forestais da zona.

Segundo a información facilitada ao 112, a vivenda ardeu por completo. Co fin de esclarecer as causas do suceso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará