Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium xa está na final da Copa Federación

SARsemiCopa

Semifinal Copa Federación

SAR Plastic Omnium 35 – Balonmán Loriga 23

A SAR xogará a final da Copa Federación logo de superar de xeito contundente ao BM Loriga. Final na que se enfrentarán ao Poio Artai. Será en maior, unha vez rematada a liga de 1ª Autonómica que comeza esta fin de semana. Os dous equipos de Redondela estrearán a competición oficial na casa. A SAR Plastic Omnium recibe ao grovenses do Calmear Rasoeiro mentres que o BM Chapela xogará no Manuel González Soto ante o Lavadores Vigo.

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 28-25 Porriño

Primeira vitoria para o equipo de Vero Posada. Encontro moi pelexado na Bomboneira nesta terceira xornada de liga e pelexando o terceiro derbi galego. Nesta ocasións foron as redondelás as que se fixeron cos puntos ao supear ao Porriño nun encontro moi disputado. Na próxima fin de semana a SAR Rodavigo visita a pista do Rocasa en Gran Canaria, co que agora están empatadas a puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará