Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigados tres condutores en Redondela, un implicado nun accidente, por superar a taxa de alcol

poli

Axentes da  Policía Local de Redondela procederon na tarde do sábado, a investigar a un condutor por un presunto delito contra a seguridade viaria. Os feitos aconteceron as 17.00h cando se recibiu unha chamada informando dun vehículo cuxo condutor podería atoparse baixo o efecto de bebidas alcohólicas. Unha vez se intercepta o vehículo, o seu condutor presenta signos evidentes de atoparse baixo o efecto de bebidas alcohólicas, polo que se procede a realizarlle as correspondentes probas que deixan un resultado positivo de 1.21 e 1.15 mg/l de aire espirado, polo que se instrúen dilixencias ao Xulgado de Garda de Redondela.

Xa pola noite foi precisa a intervención policial noutros dous casos semellantes. Así, ao redro das 22:00 horas recibíase unha chamada que alertaba dun vehículo circulando de Soutoxuste a Redondela realizando manobras sospeitosas. Os axentes procederían a intercéptalo na rúa Subida a Estación e, feitas as probas arroxarían un resultado positivo de 1,00mg/l. A maiores, o condutor non contaba co permiso de conducir en vigor ao térselle retirado.

O terceiros dos casos acontecía arredor da medianoite cando se recibía tamén unha chamada dun vehículo que tiña sufrido un accidente. Concretamente chocou en Cabanas abandonando o lugar cara Redondela, sendo localizado na Estrada de Vigo en Redondela pouco despois. O seu condutor que tamén tiña o permiso de conducir caducado dende había un ano e conducía un vehículo sen ITV, daría un resultado positivo de 0.77mg/l de aire espirado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará