Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS salva os mobles nunha fin de semana con derrotas para o Pazos e o Campito

pazos fs

O Pazos FS 1-4 Baíña

Na Terceira División non houbo sorte para o Pazos que caía derrotado ante o Baíña. O propio club cualifica de “desastroso” o partido disputado esta fin de semana no pavillón municipal de Pazos e que rematou con derrota por 1 a 4 ante o Baíña. Un irrecoñecible equipo vermello que se viu superado en intensidade polo equipo baionés que chegou a Pazos coas ideas claras e conseguiu facerse cos tres puntos en xogo.

O Pazos FS sitúase na sétima praza do grupo logo de tres partidos que se saldaron con dúas vitorias e unha derrota. Na vindeira semana visitna o campo do Praias de Barreiros C.D. onde tentarán retomar as boas sensacións para acadar a victoria ante un equipo que non se atopa no seu mellor momento, na última posición da táboa

Preferente Galicia

Cesures 5-3 Campito

Beade 2-4 Redondela DS

Na preferente Galicia o Chapela volvía sufrir unha derrota, nesta ocasión na súa visita ao campo do Cesures,  que sitúa ao Campito como pechacancelas do grupo. Tentarán sumar algún punto na vindeira semana na súa visita ao campo do décimo, A Quinta de Tui.

Mellor lle foron as cousas ao Redondela Rodavigo que si se facía coa vitoria en Beade por 2-4. Na vindeira semana xogan na casa, reciben ao Vianariño, penúltimos da clasificación.

Primeira Autonómica

Arealonga 2-2 Campito B

Reparto de puntos no derbi de Chapela.

IES Coruxo B 7-7 Pazos B

Empate nun partido con moitas ocasións para os dous equipos.

Na próxima xornada dispútanse: Valladares B-Areaglonga; Crecente FS-Campito B e Pazos B-Celado Mos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará