Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen unanimidade na defensa do transporte escolar para todo o alumnado

trnasporte

O pleno municipal aprobou, cos votos en contra do PP, instar a Xunta a que garanta o servizo de transporte escolar ao alumnado de bacharelato, FP e educación infantil. O Concello comprométese ademais a negociar coas empresas privadas de transporte para que adapten o seu servizo ás necesidades do alumando mentres o goberno galego non dea solución a esta problemática que afecta a mozos e mozas das parroquias de Reboreda, Portocabeiro e Vilar de Infesta no caso do IES Pedro Floriani, e de Cesantes, Cedeira e Quintela no caso do IES Mendiño. O PP votou en contra tras rexeitar o pleno incluír na moción que se negociase coa Xunta un convenio de transporte interparroquial.

 A moción recollía as demandas das Anpas afectadas por esta problemática e era defendida pola voceira do PSOE, Rita Pérez quen lembraba que “dende a Xunta non se está a respectar a igualdade dos alumando xa que os que viven no rural están sendo discriminados ao non ter xeito de se desprazar aos centros educativos, ao non contar con transporte escolar, non contar con trasporte regular e depender da posibilidade de que as súas familias os poidan achegar aos institutos.

Rita Pérez, PSOE

Por este motivo, reclaman que a Xunta de Galicia asuma o transporte de todo o alumando tanto de  bacharelato como de FP e educación infantil. Ademais de reclamar cambios neste sentido por parte da Consellería, o goberno local comprométese a que mentres o executivo galego non asuma este transporte o goberno local mediará coa empresa concesionaria para tentar aumentar a capacidade dos autobuses para garantir que mozos e mozas poidan acudir puntualmente aos seus centros e regresar aos seus domicilios aínda que vivan no rural.

Dende AER criticaban que esta moción, presentada polas ANPAs e ratificada polos grupo de esquerda non contara co apoio do PP nunhas “reclamacións xustas que só buscan garantir o dereito ao ensino de mozos e mozas sen asfixiar as familias e favorecendo a conciliación”.

Roberto Villar, AER

A edil nacionalistas Jessica García insistía na mesma idea “o alumando das parroquias segue a ser de segunda ao non contar con este servizo que lles permita acceder aos institutos. Rapazada que está desamparada, que dependen das súas familias para que os acheguen aos centros educativos xa que tampouco contan cun servizo interparroquial ao que acceder. Os nacionalistas responsabilizaban directamente ao PP porque “é a Xunta de Galicia quen provoca esta situación” e instaban ao goberno local a que “mentres a Xunta non asuma a súa competencia e aumente o transporte que o concello asuma o transporte de taxi para poder ir ao instituto”. Poñía como exemplo que no caso de Vilar, Negros e Cabeiro onde son 16 alumnos afectados podería solucionarse o problema con tres taxis e lembraba que “a alcaldesa compremeteuse hai meses coas familias a que ese alumnado tería este tema resolto”.

Jessica García, BNG

Dende o PP entenden que a solución pasa pola posta en marcha dun transporte interparroquial que permita a mobilidade da veciñanza en xeral e que daría solución a este tema, adaptando os horarios, frecuencias e rutas que se necesiten. Ademais gozaría de todas as vantaxes do transporte metropolitano cun prezos reducidos e que xa está a ser empregado noutros concellos a través dun convenio coa Xunta. Un servizo que ao entender do voceiro do PP, Javier Bas estaría en funcionamento no prazo de tres meses.

Javier Bas, PP

A inclusión deste puntos non contou co apoio do resto dos grupos polo que o PP votou en contra da mocións das Anpas. Con todo, saíu adiante ao contar cos votos a favor de PSOE, BNG e AER.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará