Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria para o Pazos FS no arranque da competición en Terceira División

pazos fs

Primeiros tres puntos para o equipo da Sociedade Deportiva Pazos tras derrotar por 4-2 ao Sport Sala Culleredo no seu debut ligueiro. Peor lle foron as cousas aos equipos que militan en Preferente, xa que tanto o Campito Chapela como o Redondela FS caeron nas súas respectivas citas ligueiras.

Pazos FS 4-2 Sport Sala Culleredo

Malia que o Culleredo non llo puxo doado, xa que se adiantaron dúas veces no marcador, os xogadores do Pazos souberon reaccionar e, alentados por unha bancada que non deixou de animar incluso nos peores momentos, foron quen de remontar.

Imprescindible a labor de Marcos na portería, quen evitou o gol en numerosas ocasións logrando incluso deter un penalti.

Na vindeira semana a cita será no campo do 5 Coruña Fútbol Sala, equipo que tamén arrancou a competición con vitoria.

A Quinta de Tui 4-2 Redondela FS Rodavigo

Na preferente arrancaba tamén esta fin de semana a liga con cita fóra da casa para o Redondela FS que caía derrotado ante a Quinta de Tui. Na vindeira semana a cita será na casa co Bueu.

Campito Chapela 1-5 Leis Pontevedra

Tampouco o Chapela foi quen de facerse cos puntos en xogo nun partido complicado, xa que xogaban contra un potente Leis Pontevedra que lograba unha avultada vitoria pr 1-5. Na vindeira semana xogarán no campo do Marín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará