Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos nas bibliotecas para dar a benvida ao outono

contacontos

A primeira das actividades terá lugar o martes 19 ás 18:00 horas na Biblioteca de Chapela a cargo de Batucado & Emusin co espectáculo “Unha tarde especial con Dori”. A actividade, orientada a crianzas de 18 meses a tres anos terá lugar ás 17:00 h. As persoas interesadas deben inscribirse na Biblioteca Xela Arias de Chapela (teléfono: 986-454-226 ou no correo bibliotecachapela@redondela.gal).

Mª Elena Becerra, Biblioteca Redondela

Estefanía Padullés será a encargada de impartir o obradoiro “Atrévete a facer o teu propio libro” que se desenvolverá o martes 26 en horario de tarde (18:00 a 20:00 h) tamén na Biblioteca de Chapela. Neste caso, orientado a rapazada de 6 a 12 anos as prazas son limitadas e precisan de inscrición previa.

Dous contacontos, “A Bibliotecaria estrafalaria 2.0” con Cris de Caldas o mércores 27 e “Chimpo de rá” con Raquel Queizás pecharán en Redondela as actividades previstas para este mes. Propostas todas elas de balde enmarcadas dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará