Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo curso na Asociación cultural de Chapela arranca con preto de 500 alumnos

actividades

A Asociación Cultural e Social de Chapela comeza o novo curso con 480 alumnos matriculados e a contratación de 30 profesores e profesoras que impartiran clases para todas as idades e multitude de disciplinas que van dende inglés, manualidades, pintura, baile ou ximnasia pasando polas especialidades musicais que se imparte na escola de música.

A amplía oferta de actividades de lecer e formación ofertadas para este novo curso consolidan esta entidade como divulgadora da cultura do concello pero tamén, insiste o vicepresidente da Asociación Fernando Casas “como motor económico a través da cultura”

Este novo curso a Asociación presenta unha amplía oferta de actividades pensadas para todas as idades e que se imparten no Multiusos Piñeiral do Crego e a Escola de Música de Chapela, nos baixos do edificio do pavillón municipal da parroquia.

Dentro dás actividades impartidas nas instalacións do multiusos ofértanse cursos de inglés escolar, manualidades para adultos e nenos, pintura, debuxo, costura ou reforzo escolar.

Na súa escola de baile impartiranse clases de baile infantil, bailes latinos e zumba, e nas actividades de mantemento, ofértanse ximnasia musicalizada, pilates, Ioga e defensa persoal.

Mención especila merecen as actividades pensadas para os maiores ou persoas que presenten dificultares en mobilidade ou necesiten reforzo en movementos de apoio, equilibrio ou coordinación con clases de biodinámica.

En canto á Escola de Música nos baixos do pavillón ofértanse clases en maís de 20 especialidades instrumentais, linguaxe musical, xardín musical para os mais cativos, así como a posibilidade de formar parte dos seus grupos musicais, Banda de Música , banda escola, grupo de pandeiretas ou gaitas ou nos diferentes grupos de cámara cos que conta ou centro.

A Escola conta cun método propio de ensinanza para nenos/as e adultos sen límite de idad, de feito a maioría dás actividades ofertadas poden realizarse a partir de 3 anos de Idade . A Matricula para todas as actividades ofertada segue aberta ata completar dispoñibilidade de prazas.

Dende a Asociación insisten tamén na necesidade de que o Concello aborde a falta de espazo existente para poder ampliar as actividades que realizan, tnato esta como outras asoicaicóns da parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará