Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novo concerto de Cantatorrella na rúa Pai Crespo

cantatorrella

Apurando o verán, a agrupación redondelá volve ofrecer a súa música festeira e bailable nun concerto que se vai desenvolver este mércores  enmarcada na programación que organizna os locais da rúa Pai Crespo, A Discotaska e 78 Gastrobar. A cita este 13 desetmbro ás 21:00 horas.

Esta nova banda intregrada polos músicos Antonio Vidal “Pelu”, Myriam Cortizo, Diego Orge e Mario Blanco xunto coa voz de Fon Conde volven ofrecer o seu repertorio no que fuxen do rock tradicional para embarcarse nunha mestura de estilos onde se integran a rumba, cumbia, rock and roll, “fusión musical pero sempre con temas propios en galego”.

As súas letras son orixinais de Fon Conde e están inspiradas en cousas cotiás e incluso en personaxes da vila pero que poden ser perfectamente universais “e que se poden extrapolar a calquera parte do mundo”.

A súa vinculación coa vila vai máis aló desas “historias de preto, retranqueiras e poéticas” porque elixiron tamén para o seu nome unha palabra da nosa contorna como é “torrella” xogando cunha expresión máis que coñecida na vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará