Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior lanza a súa nova imaxe baixo o lema “O Concello que merecemos”

souto logo

O novo logo deseñouse a partir da combinación e a depuración das tres torres do Castelo de Soutomaior, un símbolo do municipio, deste xeito o M vai escrito con esas tres torres, conseguindo unha nova identidade institucional máis acorde ás necesidades da comunicación actual. Anova imaxe unificará todas as áreas e actividades municipais.

Soutomaior ven de presentar a súa nova imaxe corporativa. Trátase dun novo logo, en azul e vermello, conta cun elemento centroal: o Castelo e busca “plasmar a modernidade, o traballo, o compromiso deste concello” en palabras do alcalde, Manuel Lourenzo.

Para este traballo, o Concello contou coa axencia VYP Estudio de Redondela. Unha empresa conformada por profesionais de recoñecida experiencia no sector. Contan con máis de 20 anos de experiencia nas diferentes áreas: desenvolvemento web, deseño gráfico, publicidade, marketing, cultura, rotulación, packaging…

Baixo esta nova imaxe unificaranse todas as áreas e actividades municipais seguindo os mesmos criterios estéticos. O obxectivo é implantar de xeito inmediato en todos os documentos de traballo diario e na cartelería institucional das actividades municipais. No referente á señalética, o parque móbil e os grandes soportes será necesario un prazo máis longo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará