Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os adultos tamén volven ás aulas

1693300830304

Belén González Amoedo, Xefa de Estudos do IES Pedro Florian

O próximo 11 de setembro comeza o curso escolar en Infantil, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. Milleiros de nenos e mozos volven ás aulas, pero tamén poderán facelo todos aqueles adultos que o desexen. Os maiores de 18 anos de idade que non conten co certificado de estudos obrigatorios poden cursar a ESA (Educación Secundaria para Adultos). O IES Pedro Floriani é un dos centros públicos que oferta esta ensinanza. Belén González Amoedo, Xefa de Estudos deste centro redondelán, anima a xente de todas as idades a matricularse na ESA, “xa que esta titulación é imprescindible para acceder ao mundo laboral, e tamén permite seguir a formación académica en Bacharelato ou Ciclos Formativos”.

Belén González Amoedo, Xefa de Estudos do IES Pedro Floriani

Unha das grandes vantaxes da Educación Secundaria para Adultos é que a súa duración é de tan só dous anos, e non catro como na ESO. As ensinanzas están divididas en catro módulos, e impártese un módulo por cuadrimestre. Esta circunstancia, sumada á que o contido e as materias están adaptadas ao alumnado, fan que acadar o título sexa máis alcalzable para o alumnado. González Amoedo salienta tamén a relación máis estreita entre o alumnado e o profesorado e a importancia de asistir a clase “xa que se examinan sobre a materia que se imparte nas aulas”.

A ESA realízase en só dous cursos e os contidos e materias están adaptados ao alumnado

O perfil do alumnado da ESA é moi heteroxéneo, xa que se matricula a mocidade de 18 anos en diante que non rematou a ESO, pero tamén adultos de 30, 40, 50 anos ou máis que no seu día deixaron os estudos. Tamén se matriculan emigrantes, xa que moitos estranxeiros precisan desta titulación de educación sencundaria. No caso da rapazada de 16 e 17 anos tamén poden optar a estes estudos se teñen un contrato laboral.

O perfil do alumnado é moi variado, desde mozos de 18 anos ata maiores de 50 e emigrantes estranxeiros

As clases impártense en horario de tarde, de 17.00 a 22.00 horas. O prazo de matrícula está aberta do 1 ao 8 de setembro, e os interesados poden informarse no propio instituto en horario de mañán ou no teléfono 886 12 04 13. Desde o IES Pedro Floriani animan a todos aqueles que precisen desta titulación a que se matriculen, xa que nos vindeiros cursos a ESA podería deixar de ser presencial e impartirse só a través de contidos en internet, “o que o dificultaría aínda máis para aquelas persoas maiores que non estean familiarizadas co manexo das novas tecnoloxías”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará