Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela desembarca en Donostia para participar na Bandeira da Concha

370829012_786028376861782_3653885706042404758_n

Un total de 42 traiñeiras, 18 en mulleres e 24 en homes, participarán na regatas clasificatorias da Bandeira da Concha que se disputarán este mércores e xoves, 30 e 31 de agosto, en Donostia.  Tanto na categoría feminina como na masculina temos representación redondelá coas traiñeira do Club de Remo de Chapela (Grupo A) e CCD Cesantes-Rodavigo (Grupo B) que pelexarán polo primeiro posto desta competición considerada como “as olimpíadas do Remo”.

Así, o 30 de agosto ás 18:00 horas será a quenda das 19 traiñeiras femininas onde competirán as redondelás do Club de Remo de Chapela. Divididas en dous grupos e en intervalos dun minuto, as embarcacións percorrerán na modalidade de contrarreloxo as 1,5 millas náuticas. As 7 que logren o mellor tempo acompañarán a Kaiarriba – Nortindal Donostiarra Ur Kirolak os dous seguintes domingos na disputa da bandeira. Julio Prado, presidente do CR de Chapela, expresaba en nome das remeiras e remeiros a satisfacción que supón voltar un ano máis a esta prestixiosa competición”.

O 31 de agosto, tamén ás 18:00 horas, será a quenda das 24 traiñeiras masculinas onde participan as traiñeiras de Chapela (Grupo A) e Cesantes (Grupo B). Do mesmo xeito que na modalidade feminina, divididas en dous grupos e en intervalos dun minuto, percorrerán na modalidade de contrarreloxo as 3 millas náuticas do campo de regata. O obxectivo, segundo Prado, é poder “chegar á final e facer unha boa clasificatoria”, pero sabe que “vai ser complicado”.

O nivel desta competición e o interese da afección vasca polo remo vese reflectido na  contía dedicada a premios que se eleva  a un total de 85.500 € en ambas as modalidades, correspondendo un premio económico de 25.000 € e bandeira ás tripulacións clasificadas en primeiro lugar.

Despois da Bandeira da Concha a tempada remata, sen embargo no CR de Chapela xa comezan en setembro a prepararse para o 2024 e, concretamente, o sábado día 23 celebran o día do remo cunha gran festa na que haberá regatas e competicións amigables. O ano pasado participaron máis de 200 embarcacións que saíron dende a Praia de Arealonga rumbo a Meirande.

Participantes na clasificatoria feminina do mércores, 30 de agosto:

Grupo A

– Cabo

– Chapela

– Donostia Arraun Lagunak

– Hondarribia

– Hibaika

– Kaiku

– Orio

– Tiran

– Tolosaldea

– Zumaia

Grupo B

– Cesantes

– Perillo

– Deustu

– Hernani

– Mugardos

– Ondarroa

– Estaleiro

– Zarautz

Participantes na clasificatoria masculina do xoves, 31 de agosto:

Grupo A

– Arkote

– Cabo

– Ares

– Getaria

– Hondarribia

– Kaiku

– Lekittarra

– Ondarroa

– Orio

– Samertolameu

– Santurtzi

– Zierbena

Grupo B

– Urdaibai

– Bueu-Simei

– Zumaia

– Deustu

– Elantxobe

– Lapurdi

– Mutriku

– San Juan

– San Pedro

– Hibaika

– Tiran

– Zarautz

NOTA: Donostiarra, a traiñeira local, xa está clasificada por estatutos e completará os oito botes que se xogarán a bandeira tanto en categoría feminina como masculina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará