Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR convoca aos socios para renovar a directiva

lito_presidente_da_sar_a_nova_peneira-678x381

Aurelio Krook (Lito), foto de arquivo

A SAR convoca o venres 1 de setembro aos seus socios no Centro Cultural e Recreativo de Redondela para unha asemblea xeral ordinaria a partir das 20.00  horas en primeira convocatoria e ás 20.30 en segunda. Entre os puntos da orde do día están as cuestións económicas, o orzamento e tamén outras cuestións como a convocatoria de eleccións para formar unha nova directiva e, en consecuencia, a apertura de prazo para presentación de candidaturas.

A intención desta reunión por parte do club deportivo redondelán é deixar fixados os prazos para o procedemento administrativo e democrático do cambio de directiva de cara a tempada seguinte (2024-2025), despois de case dúas décadas con Aurelio Krook (Lito) como presidente.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará