Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Convivencia e deportes acuáticos en Rande

rande

A Asociación Deportiva e Cultural de Rande celebra este sábado 22 de xullo a xornada que estaba prevista para a pasada fin de semana pero que foi adiada polo mal tempo. Un día para gozar en familia de diferentes actividades acuáticas para facer deporte pero, sobre todo, para se divertir.

María Rita Troncoso

As boas previsións meteorolóxicas de cara a mañá garanten a celebración dunha cita cultural e deportiva na que as persoas participantes poderán practicar diferentes deportes náuticos como Kaiak, padel surf, padel surf xigante e banana nas inmediacións do Meirande dentro da IX edición desta xornadas que arrancará xa as 12 do mediodía e continuarán pola tarde.

Ademais, para repoñer forzas venderanse bocadillos variados e chouripán. As persoas interesadas deben chamar ao teléfono 670810491 para reservar praza nalgunha das actividades que teñen un prezo de entre 10 e 15 euros por persoa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará