Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG alerta dos danos que causará en catro parroquias e no Val do Maceiras a liña de alta tensión de Capital Energy

bng alta tensión

Os nacionalistas presentarán unha moción no pleno deste mes rexeitando esta infraestrutura enerxética que afectaría ás parroquias de “Vilar, Cabeiro, Negros e Saxamonde así como ao Val do Maceiras”. Na moción reclaman o apoio do pleno en contra desta liña de alta tensión que está tramitando Capital Energy para que o Parque Eólico Mariño que construirá a 35 quilómetros da costa da Garda, enlace coa subestación  eléctrica de Pazos de Borbén e que “somentes traerá un negativo impacto para Redondela”.

A información recollida no Proxecto presentado no concello xa en novembro de 2022 a liña atravesará por Millarada en Vilar, Cabeiro, Negros, baixando polo Val do Maceiras en Saxamonde ata subir á estación de Pazos de Borbén. “Trátase dunha liña de alta tensión de 220kv, que suporá a instalación de vinte torretas no termo municipal de Redondela”, afirman dende o BNG. Non menos importantes serían as afeccións da liña na que discorre a instalación eléctrica que podería chegar aos 32m a cada lado da mesma.

Segundo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González atopámonos nunha primeira fase de informes técnicos, con datos aínda moi básicos. “Con todo está claro que se isto segue adiante podería pasar perto de zoas habitadas, propiedades particulares, montes comunais, mesmo incidir nos mananciais das traídas de auga. A nosa máxima preocupación reside no impacto sobre unha zoa xa degradada como o Val do Maceiras, ou a relativa proximidade de centros escolares como o de Portocabeiro e Quintela. Outra liña de alta tensión que somentes nos trae perxuízos”, advirte.

Entenden a presentación desta moción como “unha oportunidade para que o resto de grupos políticos se posicionen sobre esta obra e o seu impacto no noso concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará