Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER culpa ao BNG de “dinamitar o goberno de esquerdas” e insta a Rivas a incorporar ao PP ás negociacións

aer

A agrupación de electores advirte que “non cederá e non aprobará ningunha das extravagantes esixencias do BNG” e acusa aos nacionalistas de comportarse como “un bombeiro pirómano” dinamitando dende fóra “o goberno de esquerdas que eles promoveron”. Visto o que cualifican de “actitude destrutiva do BNG”, AER considera que a solución pasa por incorporar ao PP ás negociacións para desbloquear a situación.

Entende a agrupación de electores que o voto en contra do BNG á proposta feita pola alcaldesa para a remuneración dos cargos políticos do concello foi unha “revancha” porque previamente non foran aprobadas as súas “extravagantes” esixencias: vetar ao PP na representación na Mancomunidade de Vigo, por unha banda, e, por outra, reclamar un cargo de confianza para o Grupo Municipal do BNG.

Insisten dende AER que o primeiro é antidemocrático “o PP ten dereito a ter representantes, aínda que despois non asista ás reunións da Mancomunidade (como acusa o BNG) como xeito de protesta”. Con todo, entenden “máis delirante” a esixencia de contar cunha persoa de confianza para o BNG, un grupo na oposición, “algo que nunca existiu neste Concello e que non ten explicación lóxica”.

O BNG engaden “estase a comportar como un bombeiro pirómano”. Por unha banda reclamou un goberno forte pero declinou formar parte del e, o máis grave, está a tratar de dinamitalo dende fóra”. Critican tamén que, malia afirmar o voceiro do BNG no pleno de organización que “está a favor de dignificar a política e que os seus representantes teñen que ter unha remuneración axeitada”, logo votaran en contra alegando que se incumprira un pacto de goberno. A este respecto puntualizan dende a Agrupación que “pode ser que o Bloque tivera un acordo co PSOE pero que con AER nin se negociou nin se acordou absolutamente nada”. Lamentan tamén que unha forza que presume de defender os intereses da clase traballadora que deixe a todos os concelleiros do goberno con responsabilidades pero sen remuneración.

Vista a “actitude destrutiva” do BNG, AER considera que a solución pasa por incorporar ao PP ás negociacións. Lembran que no Pleno de Organización, Javier Bas amosou o seu compromiso para negociar este punto “e chegar a un acordo en cinco minutos”. O propio voceiro do BNG no mesmo Pleno aseguran que se interesou pola proposta do PP. Xa que logo, “todo parece que a solución deste bloqueo pode pasar por que se convoque unha xuntanza de todos os grupos municipais para tratar de chegar a un acordo”.

Finalmente AER lamenta que este goberno municipal, que se supoñía que tiña que ser forte, estea a comezar dun xeito tan lamentable: cuns concelleiros de goberno teñen as súas competencias asinadas pola Alcaldesa dende o pasado martes 4 de xullo pero, a día de hoxe, están a traballar sen remuneración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará