Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Turismo ecolóxico e educación ambiental para o verán

roteiro

O Concello de Redondela presenta unha programación para o mes de xullo centrada no turismo ecolóxico e a educación ambiental, que completa as actividades de turismo mariñeiro e patrimonio histórico ofertadas para este mes. En total 11 propostas que inclúen roteiros, caiac, observacións de paxaros e rutas en bicicleta. Todas elas propostas de balde –agás o caiac- pero que precisan de inscrición previa no teléfono 986 401713 ou directamente na oficina de turismo.

“O obxectivo máis que ofertar un día de lecer é recuperar o contacto coa natureza e promover que as familias, veciños e visitantes se acheguen a Redondela e aos nosos espazos naturais” explicaba o concelleiro de sustentabilidade Roberto Villar.

Roberto Villar, concelleiro de sustentabilidade

Un roteiro nocturno na praia de Cesantes será a primeira proposta para este venres 14 e sábado 15. Xa o domingo os que estean interesados en facer caiac poden achegarse ao Meirande nunha actividade que ten un prezo de 15 euros por persoas.

A programación continuará o luns 17 cunha actividade de avistamento de aves limícolas e mariñas e un percorrido en bicicleta a Portela, un “espazo que ten moito que ofrecer e que queremos poñer en valor tamén neste programa” que explicaba a alcaldesa Digna Rivas “inclúe como novidade esa rutas en bicicleta nas que poden participar tamén persoas que non conte con vehículo propio, xa que o Concello recuperou un total de 15 bicicletas que eran propiedade municipal e que estarán a disposición das persoas que se inscriban nestas rutas”

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Unha programación que busca tamén unha implicación de todos os departamentos municipais “porque o medio ambiente é algo transversal e que debe afectar a todas as concellerías e estar presente en todas as actividades que se organicen dende o concello”. Neste sentido adiantan que a programación medioambiental terá tamén unha presenza destacada na programación que se está a preparar para o mes de agosto.

Programación continuada

O paseo en caiac repetirase o martes 18 pola enseada de San Simón mentres que o venres 21 a concellería de turismo organiza un roteiro nocturno polo Río Maceiras e o sábado 22 un roteiro polas marismas de Soutoaxuste.

As últimas propostas para este mes inclúen un roteiro polo río Fondón (domingo 23), un paseo en bicicleta pola senda da auga (mércores 26), un percorrido en caiac pola portela (xoves 27) e un actividade de orientaventura o venres 28 que  pechará este programa de turismo ecolóxico e educación medioambiental.

Actividade de orientaventura
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará