Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto 3,2,1…Acción! do colexio de Reboreda recibe o premio de Innovación Educativa da Xunta

ceip-plurilingüe-de-reboreda_img140023t0m0w1600h800

O goberno galego vén de recoñecer oito centros de toda Galicia polas súas accións innovadoras de fomento da lingua galega. Entre os colexios premiados atópase o de Reboreda pola iniciativa 3, 2, 1… Acción! . Foron galardoados tamén os centros A Solaina de Narón e Plurilingüe Antonio Orza de Boqueixón, os institutos Ricardo Carvalho Calero de Ferrol, Martaguisela do Barco de Valdeorras e Ramón Cabanillas de Cambados e o Centro Integrado de FP Rodolfo Ucha de Ferrol. Cada centro recibe unha dotación económica de 2.000€ e ao profesorado implicado outórgaselle unha certificación de Innovación Educativa de horas de formación

A Xunta de Galicia acaba de resolver o programa de Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística correspondentes ao curso 2022/2023, coa selección de oito centros que destacan polas súas propostas innovadoras para o fomento do uso da lingua galega, sobre todo entre a mocidade.

A comisión de selección valorou especialmente os proxectos en función do seu interese educativo, da súa contribución ao incremento do uso da lingua, á eliminación de prexuízos lingüísticos entre a comunidade educativa e á posta en valor do galego como lingua de interese e con proxección de futuro para a mocidade. Así mesmo, tivo en conta as propostas específicas de atención á diversidade e as medidas para fomentar os valores democráticos, en especial a igualdade, entre outros criterios.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é animar o profesorado a desenvolver accións que revertan positivamente na dinámica lingüística habitual do centro escolar e xeren melloras permanentes na práctica docente e na realidade do ensino.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará