Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela reina na casa e levanta dúas bandeiras

RemoChapelaBAndeiras

O paseo de Cardona foi unha festa na xornada do sábado para celebrar as tres bandeiras que se disputaban con todas as categorías da LGT. E os anfitrións non defraudaron. O CR Chapela fíxose coa súa primeira bandeira da temporada na Liga A, e tamén coa bandeira feminina onde é a clara favorita ao título.

Levamos un mes de competición da LGT-A, e está a ser a máis igualada dos últimos tempos. Ata o sábado Chapela era a única traíña dos aspirantes ao título que non gañara ningunha regata. Pero iso cambiou esta fin de semana coa vitoria diante da súa afeción en augas de Arealonga. A XXXVIII Bandeira de Redondela foi para Chapela-Wofco, por diante de Bueu, Ares e Tirán-Pereira. Pola parte baixa Cesantes-Rodavigo obtivo unha espléndida oitava posición, polo que o obxectivvo da permanencia semella non correr perigo. NaVIII Bandeira Feminina Concello de Redondela tamén o club anfitrión foi o vencedor, neste caso cun claro dominio das remeiras de Chapela que son as favoritas ao título. En canto á I Bandeira Chapela Wofco da LGT-B, coa que se abría a xornada de compeitición, a vitoria foi para Muros-Esteirana, por diante de Mugardos-A Cabana e Amegrove. A traíña Chapela-Wofco B obtivo un máis que meritorio 4º posto.

A fin de semana completouse coa cita de onte domingo en Rianxo coas probas da LGT-A e LGT-F nas que o vento lateral foi tamén protagonista. Ares volveu demostrar o seu dominio, con Bueu e Tirán por detrás e Chapela-Wofco en cuarto posto. Os beretes pagaron o gran esforzo do sábado, o mesmo que lle aconteceu ao CCD Cesantes, que acabou penúltimo. Non foi así na proba feminina, onde as de Chapela volveron demostrar a súa superioridade e non deron opcións ás rivais. Pola súa banda Cesantes-Cefycal foi cuarta.

CLASIFICACIÓN XERAL LGT-A

  1. Ares 66 puntos
  2. Bueu-Simei 63 puntos
  3. Chapela-Wofco 61 puntos
  4. Tirán-Pereira 59 puntos
  5. Castropol 48 puntos
  6. Cabo de Cruz 42 puntos
  7. Rianxo 32 puntos
  8. Narón 29 puntos
  9. Mecos 25 puntos
  10. Cesantes-Rodavigo 21 puntos
  11. Puebla 15 puntos
  12. Samertolameu-Fandicosta 7 puntos

CLASIFICACIÓN XERAL LGT-F

  1. Chapela-Wofco 21 puntos
  2. Mugardos-A Cabana 18 puntos
  3. Rianxo 15 puntos
  4. Cesantes-Cefycal 11 puntos
  5. Salgado-Perillo 8 puntos
  6. Puebla 6 puntos
  7. Castropol 5 puntos
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará