Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior alerta dos problemas de salubridade que as pragas e cheiros de Pontesa causan na localidade

pontesa

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo continúa coa rolda de reunións que está a manter coas administracións de cara a buscar solucións a situación de Pontesa, que ardeu o pasado mes de novembro e os problemas de salubridade que as pragas e os cheiros lle están a ocasionar a 200 familias e multitude de negocios de sectores fundamentais para Soutomaior, como son o turismo e a hostalaría”.

O alcalde sinalou que “serán as instancias xudiciais, no tempo e forma que estipulen, as que diriman as responsabilidades do ocorrido na Pontesa, pero agora o deber das administracións implicadas é resolver unha situación que leva nove meses afectando á veciñanza e negocios de Soutomaior”.

Asegura que nove meses despois do incendio, os malos cheiros e as pragas de insectos e ratas seguen afectando ás 200 familias que viven na contorna da nave. Unhas incidencias constatadas pola Policía Local de Soutomaior nun informe realizado esta mesma semana. Ademais, os cheiros e as pragas están a ocasionar moitos problemas aos negocios de restauración e de hostalaría da zona, e afectan a espazos de lecer como as praias ou o paseo do Peirao de Arcade.

Das tres administracións coas que o alcalde de Soutomaior se puxo en contacto para buscar solucións, a primeira en responder e manter reunión co goberno foi o Concello de Pontevedra. Nesa reunión, que tivo lugar este luns, os representantes municipais de Pontevedra puxeron a disposición de Manu Lourenzo toda a documentación relacionada coa fábrica e co procedemento aberto tras o incendio, e mostráronse en disposición a colaborar en todo o necesario para solucionar canto antes os problemas da Pontesa que afectan á veciñanza. Este venres será a quenda da Dirección Xeral de Costas, que manterá unha xuntanza en Pontevedra co alcalde de Soutomaior.

Polo de agora, a única administración que non puxo data para un encontro co goberno de Soutomaior foi a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, a pesar de que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), órgano que tamén depende da Xunta, leva nove meses sen responder aos requerimentos do Concello de Pontevedra, que desde novembro leva facendo un seguimento continuado da situación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará