O Choco segue a reforzar o equipo de cara a tempada 2023/2024. Neste caso faino coa chegada de Adrián Cacheda, medio centro procedente do Alondras CF que segundo o adestrador, Jose Tizón, “é todo un campista, un xogador polivalente que pode xogar en varias posición no medio do campo. Con xuventude, calidade e experiencia na Terceira RFEF o xogador vai aportar traballo e calidade”.
Cacheda amosou a súa ilusión tras entrar a formar parte das filas do Choco “moi contento co compromiso co novo equipo, porque ademáis coñezo a Tizón que me adestrou a tempada pasada no Alondras CF”. Para Cacheda o CD Choco non é un club descoñecido “un equipo que levaba moitos anos competindo na Terceira División, ao que sigo de sempre porque me gusta a sua maneira de xogar, é un equipo moi combativo”.
Entende ademais que chega a un equipo moi competitivo que “ilusiona moito para loitar polo ascenso trala renovación tanto de xogadores con moita bagaxe e moito peso aos que se lle suman as novas fichaxes”.









