Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aarón Fernández (socorrista): “No mar as correntes arrástrante pero non te succionan, por iso o mellor é deixarse levar”

caseta

O rescate de bañistas que se ven arrastrados polas mareas é un feito que se repite periodicamente na zona da Punta na praia de Cesantes. Afortunadamente este sucesos adoitan ter final feliz e, malia o susto que se levan os protagonistas, os bañistas son rescatados ben por socorristas profesionais ou por outros bañistas que se atopan na zona ou embarcacións de recreo que acoden no seu auxilio. Iso foi o que aconteceu este mesmo domingo, cando unha muller e dous menores víronse nunha situación moi comprometida da que saíron airosos grazas ao auxilio que lles prestaron.

A zona da Punta en Cesantes non está afectadas pola ondada ou o mar de fondo pero si pola correstes, influídas pola forma característica que ten o areal e polas mareas. De feito, explica Aaron Fernández, socorrista náutico e membro do Servizo de Emerxencias de Redondela (SEIS) que “en momentos determinados segundo a marea estea subindo ou baixando a forza da auga crea unhas correntes que poden ser moi perigosas, arrastrando incluso a un nadador experimentado”.

Ante esta situación hai que se moi prudentes “en todas as praias en xeral hai que prestar atención aos avisos que poida haber no propio areal e logo observar o propio estado do mar e evitar bañarse con forte ondaxe” malia que no caso das correntes queé o máis perigoso na Punta “non sempre son doadas de detectar a simple vista”.

Por ese motivo os expertos apuntan unha serie de pautas a seguir no caso de que nos atopemos nesta situación “o primeiro pedir auxilio para que nos atendan os servizos de socorrismo” e, no caso de que non haxa quen nos socorra, debemos “relaxarnos e deixar que nos leve a corrente porque nadar contracorrente nesa situación fai que perdamos forzas e que nos vaiamos ao fondo”. Insiste en que é fundamental “manter a calma e se vemos que non somos quen de alcanzar a beiramar, deixarse arrastrar porque no mar as correntes non te succionan, o que fan é desprazarte”.

Desaconsella Fernández que nos botemos ao mar a socorrer outra persoa se non somos profesionais “porque no peor dos casos xa non sería un afogado senón dous”.

En todo caso, lembra este experimentando socorrista que o sentido común é fundamental para que non se repitan incidentes como o domingo e que son relativamente habituais nos veráns redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará