Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recital de trompeta e piano no Multiúsos de Chapela

multiúsos chapela

O auditorio do Piñeiral acolle este xoves ás 19:00 horas un recital de trompeta a cargo de Aaron Bello, trompetista da Banda de Música de Chapela, que nesta ocasión estará acompañado polo pianista Brais González. O recital está organizado pola Banda e Escola de Música de Chapela e a entrada será libre ata completar aforo.

Aarón Bello iniciou os seus estudos de grao elemental no  conservatorio de Redondela ata 3º curso, estudos que continuou na escola municipal de Música de Vigo baixo o ensino do profesor Adrián Viñas. Na actualidade cursa os seus estudos profesionais no conservatorio profesional de Música de Vigo co profesor Luís González Amosa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará