Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sabina e Pablo do Club de Patinaxe de Arealonga campións de España na categoría de Parellas

30af3f4c-64fe-43b5-af6b-6e67f942f232

Sabina Gómez e Pablo Mendoza do CPA de Arealonga proclamáronse campións de España de parellas artístico na categoría infantil celebrado entre o 1 e o 3 de xuño en Cataluña. Nestes momentos están á espera da federación para saber se participan no Campionato Europeo en Italia.

A súa adestradora Nerea Estévez explica que están ilusionados e que, a pesar de levar pouco tempo adestrando xuntos, nótase o nivel de preparación e a compenetración entre ambos, algo difícil de conseguir neste deporte.

A categoría infantil implica levar dous programas, ou o que é o mesmo dúas rutinas distintas. A primeira estaba inspirada nunha bailarina e un títere e a segunda, máis longa, na película dos famosos fuxitivos dos anos 30 “Bonnie e Clyde”. Enfrontáronse a Cantabria conseguindo un resultado, sumando o programa corto e o longo, de 43.34 puntos. Destacaron na técnica e na precisión á hora de facer as figuras como a elevación, salto lado a lado, pirueta lado a lado, salto lanzado, pirueta de contacto, espiral camel e distintas secuencias, imprescindibles na súa categoría.

Esta é a primeira vez que o club consegue un título a nivel estatal. Sen embargo teñen un longo percorrido con títulos a nivel galego nos que destacan en categoría Noa F, Antía, Clara, Martina, Sabina, Yanira, Noa S e Pablo que disputaron este ano co seu primeiro campionato da tempada de categoría nacional na modalidade de libre individual; Título de subcampioas galegas no Campionato Galego Grupo Show 2023.

Con este resultado no Campionato de España, Sabina e Pablo teñen moitas posibilidades de clasificarse para o campionato europeo que se celebra do 28 ao 31 de agosto en Italia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará