Hoxe é Domingo 12 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Chapela por un presunto delito de malos tratos

poli

Axentes da policía local procederon na madrugada de onte á detención dun varón de 46 anos na parroquia de Chapela por un presunto delito de violencia de xénero. Os feitos producíronse na madrugada do domingo cando o 112, tras recibir unha chamada informando dunha forte discusión nun domicilio alertou a policía local. Os axentes atoparon a muller ferida na cabeza sendo ela trasladada ao hospital Alvaro Cunqueiro mentres que a súa parella foi detida.

A patrulla da policía local que se desprazou ao lugar atopou a muller cunha fenda na cabeza, ferida que se tería producido ao caer ao chan tras ser empurrada polo home. Ao lugar acudiu tamén unha ambulancia do 061, quen trasladou a vítima ao hospital Álvaro Cunqueiro, mentres que os axentes procederon a detención e o traslado a comisaría do varón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará