Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para o Campus de Baloncesto de Redondela

277105721_4877297935638635_2708438055536408550_n

O Club de Baloncesto de Redondela abre o prazo de inscrición para o VIII Campus de Verán ata o 19 de xuño. Terá lugar no pavillón do IES Mendiño do 26 ao 30 deste mes e está enfocado a rapaces e rapazas entre 5 e 17 anos.

Divídese en dous grupos segundo o nivel de experiencia no deporte. Polas mañás é a quenda do grupo  Minibasket –enfocado a nenos e nenas sen experiencia previa e no que se introducirán distintos deportes ademais do baloncesto- e polas tardes a pista estará reservada para as Xornadas Técnicas  que están pensadaspara aquelas persoas que teñan experiencia e queiran desenvolver máis a súa habilidade técnica e táctica en función da súa etapa competitiva.

O prezo da Canastra Grande, para os rapaces de categorías superiores , dos 12 aos 17 anos, está entre os 40 e os 50 euros cun desconto do 10% para irmáns. O prezo da Canastra Pequena, para as categorías inferiores, dos 5 aos 11 anos, vai dende os 75 aos 85 euros cun desconto tamén do 10% para irmáns.

O obxectivo principal, segundo a directiva do club, é “pasar mañás divertidas facendo deporte, que os nenos e nenas que non fan baloncesto habitualmente familiarícense con el e que os que xa xogan váianse con algo novo aprendido ao finalizar a semana”.

Para máis información podedes poñervos en contacto co club a través do numero 722 617 212.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará