Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoán Carlos González (BNG): “Somos a forza que máis medrou en Redondela, moi por riba do PP”

xoar carlso gonzalez

O BNG amosa a súa satisfacción por uns resultados que entende son moi positivos “un premio a nosa constancia, ao noso proxecto e ao noso traballo”. Un incremento no número de votos importante que pasa de 1.325 en 2019 a 2.503 neste 28M o que se traduce nun concelleiro máis respecto ao anterior mandato. Son polo tanto tres os representantes que terá o bloque neste mandato.

Sobre o futuro do goberno local, o cabeza de lista do BNG  insiste en que aínda teñen que valorar na asemblea local que é o máis beneficioso para Redondela “unha vez que xa falaron as urnas”. Insisten en que non é o momento de falar de coalicións ou acordos “precisamos estabilidade e imos traballar nesa cuestión”.

“Nos temos que propiciar sempre un goberno de esquerda e as fórmulas para facer iso poden ser varias” explica Xoán Carlos González quen afirma que “temos por diante un longo proceso de negociacións para o que pedimos sosego, tranquilidade e traballo co obxecto de buscar puntos de encontro”.

Entenden que a vitoria do PP responde as “políticas de dereitas desenvolvidas polo PSOE que levan a que ao final a xente vote dereita”.

Dende a formación nacionalista critican tamén o que cualifican de “actitude asfixiante do PP nos colexios electorais por parte dos apoderados e colaboradores deste partido, o que fai que este partido sexa unha organización paralegal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará