Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas (PSOE): “Temos que traballar por conseguir un goberno de esquerdas afastado de personalismos”

digna

“A cidadanía deixou claro que quere un goberno de esquerdas”, así o afirma a alcaldesa en funcións e candidata do PSOE, Digna Rivas quen se compromete a traballar con todos os partidos para cumprir o mandato dos veciños e veciñas.

 PSOE con 5.018 votos baixa lixeiramente o seu apoio social (238 votos menos respecto das eleccións de hai catro anos) pero mantén os sete concelleiros cos que logrou gobernar nos últimos catro anos, primeiro en coalición con AER e logo da ruptura do pacto en solitario. Agora ábrese un período de negociacións para lograr revalidar esa alcaldía, unha situación complexa xa que precisa o apoio tanto do BNG como de AER.

Digna Rivas amósase relativamente satisfeita co resultado ao lograr reter os apoios recibidos no 2019 malia unha situación de caída xeneralizada do PSOE en toda Galicia e en todo o estado. Recoñece que “logo do traballo feito” tiñamos a confianza de poder sumar apoios, pero co que se queda é que “Redondela quere un goberno de esquerdas e así o fixo saber cos seus votos nas urnas”.

Sobre o futuro da alcaldía insiste “o que hai que facer é sentarse e traballar para negociar un programa afastado de personalismos onde se primen os intereses de Redondela”

Rivas cualificou tamén de “preocupante” a perda da Deputación que pasa a mans dos populares “un organismo que por primeira vez estaba a traballar para garantir recursos para todos os concellos independentemente da súa cor, algo que nunca pasara cando estaba gobernada polo PP”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará