Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago campión galego Sub16 salto de altura ao aire libre

350123030_909882296766324_1910354758467012686_n

Gael Couñago (2008) do Club de Atletismo de Redondela proclámase campión galego de Salto de Altura ao aire libre na categoría Sub16 no XXXIX Campionato de Galicia individual Sub16 celebrado na pista de Elviña en Coruña.  

Fai dous meses o deportista redondelán conseguía a medalla de ouro en salto de altura no Campionato Galego en pista cuberta celebrado en Expourense  e agora suma o título de campión en pista ao aire libre, logros que o sitúa como o noveno mellor de España na súa categoría cunha marca de 1,78 metros.

Unha vez rematen os campionatos autonómicos a localidade alacantina acollerá, os días 24 e 25 de xuño, o XXII Campionato de e España Sub16 de aire libre. Aínda non están decididos os participantes deste evento, pero hai moitas posibilidades de que Gael Couñago chegue a Alacante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará