Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes celebra con éxito o II Campionato Galego de Kitesurf

350253871_1644033469444401_7672693501216910431_n

Tras dúas intensas xornadas de regata na enseada de San Simón a II edición do Campionato Galego de Kitesurf rematou con éxito. A vitoria foi para Justo Fernández nas divisións Foil e Surf, Antonio Fernández ‘Patxi’ en Twintip Masculino e María de Carmen Nieto en Twintip Feminino.

Aínda que o parte meteorolóxico apuntaba que a borrasca podería complicar as cousas tanto o sábado como o domingo, finalmente o vento térmico característico da enseada de San Simón permitiu que o Comité de Regatas completase tres probas por día para cada unha das categorías con ventos que foron desde os 12 ata os 18 nós de intensidade.

A  Praia de Cesantes encheuse de cometas gracias aos máis de 30 riders que participaron nesta segunda edición do Campionato Galego en 4 categorías diferenciadas polo tipo de táboa: Foil, Surf, Twintip Masculino e Twintip Feminino.

Na clase Foil, Xusto Fernández do club Windsurf Galicia non tivo rival e volveu adxudicarse o título de Campión Galego con pleno de vitorias na súa marcadora. Por detrás, a segunda posición foi para Mario Martínez do TMKiteClub e terceiro foi Andrés Douglas do club Windsurf Galicia.

Pola súa banda, na clase Surf repetiu Xusto Fernández no máis alto do podio, seguido nesta ocasión de Francisco Costas do TMKiteClub e de Roberto González do Papaventos Kite Club, segundo e terceiro respectivamente.

Na división masculina de Twintip, con cinco vitorias de seis posibles o rider local Antonio Fernández “Patxi” coroouse como o novo Campión Galego da clase. Por detrás, seguiulle no segundo caixón o defensor do título da pasada edición, o baionés Iván Carballo do TMKiteClub, e terceiro foi Horacio Pequeno, tamén representando ao club redondelán.

A clase Twintip Feminino foi, sen dúbida, a máis disputada cun intenso man a man entre María López Muiña e María del Carmen Nieto -ambas do TMKiteClub-, que se resolveu finalmente a favor de Nieto converténdose na nova en Campioa Galega da clase por diante de López Muiña. A benjamina da frota, Beira Vázquez, pechou o podio no terceiro caixón.

A próxima cita será o KiteFest Cesantes, que este ano celebra a súa sexta edición entre os días 7 e 9 do próximo mes de xullo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará