Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Internacional de Títeres volve á rúa con máis de 30 funcións na fin de semana

titeres rúa 2

O Festival internacional de Títeres de Redondela encara esta fin de semana a súa recta final cunha intensa programación de rúa con compañías chegadas de Madrid, Cataluña, Castela a Mancha, Portugal, Brasil e, como non, Galicia. Espectáculos itinerantes e actuacións nos nove espazos habilitados nas rúas e prazas da vila que confían repetir o éxito do pasado mércores, onde foron milleiros as persoas que gozaron dunha intensa e solleira xornada de títeres.

Os nove escenarios elixidos para os diferentes espectáculos animarán a veciños e visitantes a se desprazar pola casco urbano dende a Praza de Ponteareas ata a praza do Concello, pasando pola Alameda, o campo da petanca, o palco da Música, a Casa da Torre ou o Salgueiral así como a acompañar aos espectáculos itinerantes que percorrerán as rúas Ribeira e Alfonso XII.

O director do festival, Luis Crespo, lembra que os espectáculos están orientados a públicos diversos con “La hora de la cachiporra” ou “El gato con botas” para os máis cativos, ou a marioneta xigante Pakonstein que fará as delicias dos adolescentes e preadolescentes. Moitas propostas entre as que haberá que elixir dependendo da idades do espectador

Luis Crespo, Festival de Títeres

Recupérase ademais este ano a ruada logo da súa ausencia da programación durante os últimos anos por mor da pandemia. “Mortos de risa” é a proposta desta edición que partirá ás 11:30 horas do domingo dende a cheminea de Regojo e rematará na praza do Concello. Dende a organización animan a veciñanza a participar achegándose disfrazados de calquera personaxe ou monstro.

Ruada “mortos de risa”

No Multiúsos hoxe sábado actúa ás 17:00 horas Periferia teatro con “Nube, nube” e Ymedioteatro será a compañía encargada de pechar a programación de sala con dous pases de “EcO”, hoxe sábado ás 21:00 horas e mañá domingo ás 19:00 horas.

EcO de Ymedioteatro
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará