Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caballero e Rivas defenden en Chapela un “estreito plan de colaboración” que beneficie a Redondela e Vigo

caballero+digna

O alcalde vigués asegura que “a gran xestión de Rivas nestes catro anos de mandato levarán a súa reelección” e propón unha colaboración “moito máis estreita entre ambos os dous municipios que tantos beneficios lles pode dar tanto a Redondela como a Vigo”.

“Fuxir da confrontación entre partidos políticos e centrarse na cooperación que tantos beneficios lle pode dar a ambos os dous municipios” foi a aposta de Abel Caballero na súa visita a Redondela. O alcalde vigués desprazábase a Chapela para reunise coa súa homóloga Digna Rivas de quen destacou que “a gran campaña e a xestión que leva realizando en Redondela nestes últimos catro anos de mandato e que, de seguro, a levará á reelección”.

Durante a visita abordaron a imperiosa necesidade de que ambos municipios empecen unha nova relación, moito máis estreita pois “non é posible entender Redondela sen Vigo, ao igual que é imposible entender Vigo sen Redondela”, afirmou Rivas quen engadiu que “Abel Caballero representa todo aquilo que un alcalde ou alcaldesa debe aspirar a ser. Unha persoa centrada, cabal e que antepón calquera cousa ao ben común do municipio e a xerar un futuro para a veciñanza”. Concluíu afirmando que “nos vindeiros catro anos Redondela e Vigo estreitarán lazos para medrar conxuntamente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará