Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS xoga o primeiro partido do Playoff de ascenso a segunda B contra o Carballiño

345431995_795895768855580_190867817348953277_n

O Pazos FS celebra a semifinal da Playoff de ascenso a segunda B o domingo ás 18:30h no Pavillón Municipal de Pazos de Borbén contra o Carballiño. Un logro histórico como recompensa ao esforzo de toda a tempada na que conseguiron situarse de terceiros na Terceira RFEF.

Esta fin de semana disputan o primeiro encontro contra o Carballiño con moitas ganas e ilusión, convencidos da capacidade dos xogadores e das posibilidades de vencer. Fran Amoedo, adestrador do equipo, móstrase “positivo e orgulloso do seu equipo e do que están conseguindo a nivel deportivo. Ser terceiros nesta liga non é sinxelo e cabe lembrar o éxito dos partidos da  Copa Galicia, ademais da conexión que conseguen os xogadores coa grada”.

Esperase que o partido do domingo sexa todo un éxito de asistencia, superando os máis de 600 afeccionados presentes no Pavillón Municipal de Pazos durante a pasada Copa Galicia. Amoedo sinala que o Carballiño xa reservou 150 asentos para animar o seu equipo e fai un chamamento a toda a afección do Pazos para encher o pavillón e apoiar aos xogadores.

A xornada estará chea de sorpresas. O técnico adiante que os primeiros 100 nenos e nenas que cheguen de vermello, a cor do club, recibirán un agasallo. Ademais, durante a previa e no descanso do partido está prevista a actuación de Jarana Dance, un grupo de baile formado por socias e afeccionadas vermellas.

O Pazos FS necesita vencer 3 eliminatorias para conseguir a vitoria.  Amoedo ten claro que non vai ser doado, pois a estes niveis están moi igualados. Os vencedores das semifinais enfrontaranse o dia 27 a partido único en campo neutral, e o vencedor deste partido medirase ao Racing de Mieres campión asturiano.

O primeiro partido de semifinal da Playoff disputarase o domingo 21 de maio no Pavillón Municipal de Pazos ás 18:30h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará