Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desaparecen os ovos dos gansos aniñados no Alvedosa

gansos

Técnicos de medio Ambiente inspeccionaron onte a zona do Alvedosa, ao carón do Multiúsos, que a parella de gansos elixira para facer o seu niño e no que dende hai semanas estaban a incubar os seu ovos. Confirmaban así a desaparición dos catro ovos que debían eclosionar a finais deste mes. Os técnicos desconfían en que os propios gansos se desfixeran dos ovos ao malograrse ou que foran devorados por outros animais.

A Concellería de Medio Ambiente lamenta que finalmente non fora adiante o nacemento destas aves, xa que se trataba dun feito extraordinario que unha parella de gansos elixira o Alvedosa apra facer o seu niño. En todo caso, unha das teorías que se baralla é que o mal tempo no inicio desta incubación fora a causante de que os ovos se malograsen e que foran os propios gansos quen se encargaran de destruílos.

Outra das hipóteses, segundo explicaba o propio concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, é que outra ave ou outro animal devorase os ovos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará