Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta Electoral obriga a retirar publicidade de Digna Rivas

Foto Publicidad Electoral Psoe

 A Xunta Electoral obrigou ao PSOE a retirar varios valos de publicidade electoral, tras a denuncia do Partido Popular de que vulneraba a normativa legal que impide este tipo de propaganda antes de inicio da campaña, durante os días do que se coñece como ‘período de sombra’.

Así o afirman os populares de Redondela quen denuncian tamén que a candidata socialistas Digna Rivas estea a empregar “medios municipais como parte da súa campaña electoral, como reunións institucionais ou actos públicos convocados polo Concello (presentacións, roldas de prensa, inicio

e clausura de actividades, cursos, exposicións, conferencias, homenaxes ou celebracións). Critican tamén que a alcaldesa se teña “apropiado do portal web do Concello e as súas redes sociais, que emprega, sistematicamente, como canle de difusión de mensaxes partidistas e de críticas á oposición”.

Os populares engaden que Rivas “non dubida en apurar os trámites dos procedementos de contratación para acelerar a adxudicación ou a licitación de proxectos municipais ou forzar a finalización de obras, sen importarlle que sexan unha chapuza, como o asfaltado do centro urbano ou a humanización’ de Fonte do Mouro, con tal de que estean acabadas canto antes”.

Os populares afirman que non xudicializarán a campaña pero advirten que “sexa cal for o resultado do próximo día 28, acudirán á Fiscalía para que depure responsabilidades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará