Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home de Ventosela tras agredir e ferir un veciño cunha forcada

castiñeira san martiño

O ferido, de 54 anos de idade e veciño de San Martiño de Ventosela, foi trasladado en ambulancia ao hospital Cunqueiro, mentres que o suposto agresor de 77 anos, foi detido e trasladado a dependencias policiais.

Os feitos producíanse na tarde de onte no barrio da Castiñeira en San Martiño cando, segundo explicou o denunciante, un dos seus veciños de 77 anos de idade e con quen non mantiña ningún tipo de disputa, agarrou unha forcada e deulle con ela na cabeza. Foi o propio agredido quen chamou á Policía Local ao redor das 19:00 horas para denunciar os feitos.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que o relatado polo denunciante encaixaba co posible suceso, ao detectarse sangue no chan e presentar o home unha ferida aberta na cabeza, polo que se procedeu a detención do suposto agresor.

O home agredido, de 54 anos de idade, foi trasladado en ambulancia ao hospital Alvaro Cunqueiro para valorar e tratar as feridas causadas polo golpe coa forcada e que lle terían provocado unha brecha de dimensións importantes que sangraba abundantemente. Malia a ferida, o home estivo consciente en todo momento.

Pola súa banda, o agresor, bastante conflitivo nos últimos tempos segundo relataron os veciños aos axentes, foi trasladado a dependencias policiais e na mañá de hoxe estaba previsto que pasara a disposición xudicial.

Accidentes de tráfico

Unha xornada intensa para a Policía local que tiveron que intervir tamén en dous accidentes de tráfico no concello. O primeiro tiña lugar ás 12:15 horas na rotonda do Supermercado Familia na estrada a Reboreda, lugar no que un vehículo arrollou  un ciclista que resultou ferido leve e foi trasladado ao Hospital Cunqueiro.

Xa pola tarde, ao redor das 17:00 horas tiña lugar outros accidente na N-550 á altura de Soutoxuste cunha colisión entre unha motocicleta e un coche, dando o condutor da moto positivo en alcohol.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará