Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS despídese con goleada da Terceira División

redondelafs

Remata a liga na Terceira División do Fútbol Sala e faino cunha de cal e outra de area para os equipos comarcais. Así, o Pazos malia a derrota desta fin de semana están xa a traballar no que será o play off de ascenso a Segunda División B e cuxo primeiro partido será en Pazos o vindeiro 20 de maio ante o FS Carballiño. Pola contra, o Redondela Maramar despídese da categoría cunha vitoria que lle brindan a unha afección que non deixou de apoialos en todo o ano.

Redondela 6-3 Korreo Guitiriz

O Pavillón da Marisma acolleu este sábado o último partido da tempada do Redondela Maramar, equipo que malia a vitoria di adeus a terceira división. Xogadores e directiva agradecen o apoio da afección “unha marea azul que tanto nos ten apoiado durante este ano” e a quen dedicaron a vitoria por 6-3 ante o Korreo Guitiriz. Agradeceron tamén o esforzo dos xogadores que “tras unha tempada dura e chea de imprevistos” despídense da categoría “tristes pero ilusionados por intentar volver pronto”.

Cidade de Narón 6-3 Pazos de Borbén

O Pazos FS loitará polo ascenso a Segunda B

O Pazos despide a tempada nunha meritoria terceira posición que lles permite clasificarse para o play off de ascenso a Segunda División B. Agora toca preparar a semifinal galega que disputarán ante o F.S. Carballiño o fin de semana do 20 de maio en Pazos. A outra semifinal será entre o Stellae Fs e o Distrito Ventorrillo FS. Os vencedores das semifinais enfrontaranse o dia 27 a partido único en campo neutral , e o vencedor deste partido medirase ao Racing de Mieres campión asturiano.

O adestrador do equipo quixo despedír a competición ligueira lembrando os bos resultados dun equipo recén ascendidos. Así, afirmaba Fran Amoedo estar “moi orgulloso do logrado a nivel deportivo, ser terceiros nesta liga non é sinxelo , e a Copa Galicia foi de 10 , ademais a comuñón coa bancada é algo espectacular”. Adiantou xa a festa que se vivirá en 15 días novamente no pavillón de Pazos nas que “oxalá lle poidamos dar unha alegría a nosa afección”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará