Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A compostelá Julia Feás gaña o concurso Voces de Redondela

WhatsApp Image 2023-05-04 at 12.50.33 (3)

O auditorio do Multiúsos da Xunqueira encheuse de xente de todas partes de Galicia para celebrar a final do concurso Voces de Redondela. O evento, organizado pola soprano Pilar Moráguez foi un éxito de participación cun total de 10 finalistas entre 9 e 17 anos que tiveron que baterse en directo para conseguir unha bolsa de canto valorada en 1.200 euros.

O concurso desenvolveuse a través de dúas probas eliminatorias con voto popular. O proceso seguíase a través da páxina web do concurso e tivo unha resposta de 1127 votos únicos contabilizados. Unha vez na gala final o público tiña que votar de forma presencial na sala ás 3 mellores voces. Conseguiron pasar esta proba eliminatoria Julia Feás (Santiago de Compostela), Lucía Castro (Arcade) e Jorge Enrique Pazó (Vigo). Moráguez quere destacar que “foi un proceso moi dinámico no que o público interactuou cos concursantes e creouse un ambiente de motivación. Todo o mundo recibiu feedback positivo, con aplausos e apoio da xente de Redondela e dos visitantes”.

Os resultados das votacións foron moi axustadas e para que os familiares presentes non manipularan as votacións era obrigatorio dar puntos a todos os concursantes. Unha vez pasada a primeira eliminatoria, os tres finalistas tiñan que volver a cantar e un xurado profesional foi o encargado de rematar as votacións.

Pilar Moráguez quere “agradecer a colaboración do comercio local na entrega de premios “para que todos e todas levaran un recordo consigo”. Os locais da vila aportaron axendas para todos os finalistas, flores para todos os participantes, bolsas de agasallos con doces, diplomas personalizados  e xoguetes, entre outros detalles. O Concello de Redondela, quen tamén estaba presente a través da visita da alcaldesa Digna rivas, aportou mochilas con agasallos dentro.

O xurado estivo formado polos músicos redondeláns Alberto Vilas e Fran López, a profesora do Conservatorio Superior de Vigo Beatriz Riobó e o pianista Arabel Moráguez. Estes valoraron a actuación en directo, a posta en escena e por suposto a voz e a habilidade para cantar e destacaron que “o máis bonito e ver canto talento teñen os cativos e cativas en Redondela e en Galicia”.

Os resultados da primeira parte da gala:

1- Jorge Enrique Pazó  7,67

2- Lucia Castro 7,07

3- Julia Feás     7,03

4- Hanna Fikirte  6,16

5- Ana Anselin      6,12

6- Manuel Campo  5,28

7- Saúl Amoedo       4,35

8- Anabella Madrigal   4,08

9- Noa Vaz               3,88

10- Tiago González  3,07

Resultados da final:

1-Julia Feás                 29

2-Lucia Castro             28

3-Jorge Enrique Pazó  24

Julia Feás na súa actuación.
Pilar Moráguez e Digna Rivas.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará