Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andreia Costas presenta en Redondela “Magnolia punk e outras arritmias”

andreia

Bregada xa na narrativa, Andreia Costas aposta agora pola poesía cun libro editado pro Medulia e que se presentará na tarde de hoxe no salón da oficina de Turismo. Un espazo que acollerá ás 19:00 horas un acto no que non faltará a música a cargo de “Medias_Rotas” con Lorena Reinaldo e tres pezas de curtas de audiovisual. A actriz Uxía Blanco será a encargada da presentación do evento e recitará algún dos poema do libro.

Andreia Costas, escritora

Unha propostas literaria na que Andreia Costa se mergulla na poesía nun libro estruturado en dúas partes «Latexo bradiarrítmico» e «Latexo taquiarrítmico», de similar extensión e integrado por textos que presentan diferenzas. Así, “os seleccionados para a primeira parte son longos e repousados, froito da reflexión máis fonda, os que se nos presentan na segunda son, maiormente, breves e directos, disparos arrebatados de inspiración espontánea” tal e como se recolle no blog literario de Manrique Fernández quen engade que “uns e outros teñen un fondo común, que é o que lle dá unidade ao conxunto e que consiste no seu espírito de rebeldía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará