Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un bambán con vistas sobre a Ría

columpio viso

O bambán, instalado polo Concello de Redondela no miradoiro do Outeiro Grande no Viso, conta cunha posición privilexiada como mirador dende o cal se pode divisar toda a Enseada de San Simón coa Ponte de Rande ao fondo. Un espazo que está a ser chamado a converterse nun lugar de atracción para a veciñanza e visitantes, do mesmo xeito que xa o é o coñecido como Mellor banco do mundo de Cedeira.

Son moitos os lugares que compiten por ter as mellores vistas e que buscan promover ese puntos como un referente para gozar da natureza. Chega agora unha nova proposta en Redondela que está chamada a ser un punto de atracción na bisbarra. Falamos do balancín de madeira instalado no Monte do Outeiro Grande no Viso, unha iniciativa que partiu dende a Comunidade de Montes da parroquia e que foi recollida con entusiasmo dende o goberno local. Así, ademais do columpio instalouse un panel informativo panorámico no que se recollen datos explicativos sobre a paisaxe que podemos observar dende ese espazo centrándose principalmente na toponimia dos lugares próximos. Tamén no panel atopamos códigos QR que nos remiten ao Servizo de Normalización Lingüística e a oficina de turismo.

Esta actuación, explican dende a Comunidade de Montes veciñas do Viso, estivo complementada recentemente coa plantación no entorno de diversas frondosas caducifolias “para axudar a facer do enclave un punto de interese a nivel comarcal e para potenciar o uso social do monte comunal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará