Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo sénior do CR de Chapela subcampións de España en bateis

344024014_955869375763904_7165824199917172093_n

A categoría absoluta masculina do CR de Chapela acada o mellor resultado ata a data nun campionato a nivel estatal. Os días 29 e 30 de abril celebrouse en Sestao (Euskadi) o LXXX Campionato de España de Bateis. Na cita tomaron parte ata 79 embarcacións (39 masculinas e 40 femininas) e os de Chapela acadaron o título de subcampións, superados soamente polo CR de Cabo de Cruz con 3 segundos de diferencia.

O novo adestrador, Juan Zunzunegui (Vigo) é toda unha lenda deste deporte. Participou en dúas ocasións nos Xogos Olímpicos na modalidade de 2x, nos anos 2000 e 2004. Tamén gañou o Campionato de España de Remoergómetro en sete ocasións, sendo nunha delas medalla de prata. Vén de adestrar con éxuti ao equipo Zierbena Arraun Elkartea (Euskadi), campións de España en varias ocasións.  O ano pasado fichou polo Chapela tras volver a Galicia e na súa chegada  conseguiu colocar ao equipo no cuarto posto do campionato estatal. Agora o obxectivo é rematar a liga e a tempada entre os treis primeiros.

Tendo en conta que o equipo está formado por moitos deportistas novos que acaban de chegar da base, o técnico considera que os adestramentos cambiaron de dinámica e que está conseguindo bos resultados. Aínda que son moitas horas de preparación física e estratéxica, os mozos tamén se mostran satisfeitos ao ver os froitos do seu esforzo.

Zunzunegui ten claro que os logros conseguidos polo club de Chapela son gracias ao traballo da directiva, moi implicada co deporte. O Remo supón unha importante xestión loxística e  moita dedicación. Este ano todos os equipos femininos e masculinos do CR de Chapela chegaron á  final do territorial Sur de bateis.

O obxectivo do equipo sénior é seguir superándose e acadar os primeiros postos. Todo apunta a que van polo bo camiño.

A partir deste mes as competicións serán periódicas e haberá regata tódolos fines de semana. Os próximos sábado e domingo dispútase o campionato de Traineriña A.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará