Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Lectura na rúa” reúne máis de 900 nenos e nenas na Alameda de Redondela

nenos alameda

A rapazada dos centros educativos de todo o concello deuse cita na mañá de hoxe nunha nova edición de Lectura na rúa, unha iniciativa que nacía no 2017 da man do Colexio Santa Mariña co obxecto de conmemorar o Día do Libro e “amosar que hai outra forma de ler, máis divertida, que pode ser en compañía”. A actividade retomouse con forza este ano logo da obrigada ausencia pola pandemia.

Gena, xefa de estudos do Santa Mariña

A Alameda de Redondela foi o espazo que na mañá de hoxe acolleu a centros de rapaces e rapazas que se achegaron ao centro da vila para compartir unha horas de lectura e de festa. “O obxectivo é que os nenos o pasen ben e vinculen a lectura cunha actividade divertida” así o explicaba Gena, xefa de estudos do Santa Mariña e promotora dunha proposta que naceu hai seis anos e que foi sumando colexios ao longo destas edicións nas que tiveron que superar o parón obrigado pola Covid.

A boa temperatura da xornada fixo posible retomar esta actividade tres anos despois sumando aos colexios a presenza de usuarios dos Centros de Día do Concello. Unha actividade interxeracional que congregaba a centos de persoas de todas as idades no centro da vila e que é resultado dun intenso traballo dos Centros en colaboración tamén co Concello e as Bibliotecas.

A alcaldesa Digna Rivas amosaba a súa satisfacción “por ver a Alameda tan chea de xente gozando da lectura”.

Digna Rivas, alcaldesa

A escritora Andreia Costas foi a encargada do pregón, cun texto onde fixo referencia a como os libros a salvaron cando tivo que enfrontarse a situación de bullling sendo tan só unha nena “busquei consolo nas personaxes de manga xaponés e nas páxinas de banda deseñada como Mafalda e o Corto Maltés”.

Andrea Costas, escritora e pregoeira

“Os libros axudáronme a ser máis forte e agora teño amizades de dúas clases: con patas e con páxinas” continúaba Andréa defendendo a lectura fronte o poder das redes sociais e os influencers e animando a todos os rapaces e rapazas a botar man dos libros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará