Hoxe é Luns 7 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello adxudica a renovación das rúas José Regojo e Pai Crespo

c0c78f8a-ee0c-42f2-a492-5da203600497

O Concello de Redondela acometerá nas vindeiras semanas a renovación do pavimento das rúas José Regojo e Pai Crespo, dúas das principais vías que atravesan o centro da vila. A actuación foi adxudicada por 44.528 euros e permitirá actuar sobre unha superficie de máis de 1.900 metros cadrados de firme.

O proxecto contempla a renovación de toda a rúa José Regojo e dun tramo de aproximadamente 300 metros da rúa Pai Crespo, entre os números 88 e 39. En total, a intervención abrangue uns 290 metros lineais, cun ancho medio de 5,50 metros.

Trátase de dúas vías con elevada circulación tanto de vehículos como de peóns, que conectan a contorna da Praza de Ponteareas, onde se atopa o convento de Vilavella, coa Praza de Ribadavia, coñecida popularmente como A Farola.

Os traballos permitirán actuar sobre un pavimento que presenta actualmente fisuras, fochancas e diferentes signos de deterioro derivados do uso e do paso do tempo. O obxectivo é mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade nunha das zonas con maior actividade do centro urbano.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que a intervención era unha das prioridades do Goberno local debido á elevada densidade de tráfico destas dúas rúas. A reurbanización do firme, segundo destaca, permitirá ademais mellorar a imaxe do centro da vila.

Sinalización en horario nocturno

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explica que a actuación foi planificada buscando reducir no posible as molestias ocasionadas pola execución das obras. Neste sentido, os traballos de pintado da sinalización viaria realizaranse en horario nocturno para evitar as horas de maior intensidade de tráfico.

O prazo previsto para completar a actuación é de dous meses. Durante as fases de fresado e asfaltado poderán producirse afeccións puntuais á circulación, polo que o Concello pide comprensión á veciñanza, ao comercio e ás persoas usuarias destas vías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará